Mapa Emocional Boirobello

Un paseo audiovisual pola memoria

MAPA

Unha visita interactiva polo Boirobello

Este roteiro audiovisual recolle a memoria emocional do BOIROBELLO earredor da Rúa Principal. Ten os vídeos realizados por 150 escolares na Muchachada Matiné da edición 2017 do Festival Audiovisual Escolar Olloboi e outras pezas realizadas anteriormente.

Para percorrer o lugar coa mirada desta mocidade cineasta selecciona un punto e pincha na imaxe para navegar polos vídeos. Se estás co móbil poderás navegar mellor dende este enlace.

EQUIPOS

Os participantes na Muchachada Matiné

Aquí están os equipos que participaron nesta primeira Muchachada Matiné. Grazas ós centros IES A Cachada, IES A Baña, IES A Pobra do Caramiñal, IES Praia Barraña, CPI Virxe da saleta, CEIP do Carballal de Marín e Colexio María Assumpta.

ORGANIZA

O equipo do Ollobooi en boa compaña

Este proxecto é froito do traballo da Asociación Cultural Olloboi coa colaboración do Concello de Boiro, a Unión de Muchachas, Creaturas, Gingko, La mujer forzuda e un montón de entusiastas e voluntarios.

Foi a primeira experiencia de guerrilla de vídeo dentro do Festival Audiovisual Escolar Olloboi que neste 2017 cumpre oito edicións. Por moitos anos máis!

CONTACTO

Se vos gustou, falemos!

Mapa Emocional Boirobello
  1. MAPA
  2. EQUIPOS
  3. ORGANIZA
  4. CONTACTO